2fish

2Fish

Socios
Central Denmark EU Office (DK) -coordinador-
Fiskeriskolen EUC Nordvest (DK)
Confraría de Pescadores de Lira (ES)
Fundación Lonxanet (ES)
AquaTT (IE)
INFORCOOP (IT)
Nordkapp maritime fagskole og videregående skole (NO)

2FISH

2Fish: Inclusion of secondary service professions within fishery to the formal VET system é un proxecto adicado á formación no sector pesqueiro e acuícola, aprobado e financiado pola Unión Europea.

A educación e a formación impartida polas escolas de pesca profesional están centradas principalmente no ensino e na formación dos pescadores, favorecendo ademais o fomento de competencias que van máis aló da formación regrada. Sen embargo, a demanda de profesionais por parte da industria pesqueira non obtén resposta pola falta de formación específica. Así, entre outros profesionais, o sector tamén demanda persoal comercial, empregados da poxa en lonxa, especialistas de acuicultura, asesores e xestores financeiros e os coñecidos como redeiros.

2Fish ten como obxectivo o desenvolvemento de entre cinco e oito módulos innovadores de formación para profesionais de servizos vinculados á pesca e desenvolvidos en cursos de sesenta horas en estreita colaboración coas empresas. Así, o proxecto permite unificar a formación para facilitar a mobilidade dos traballadores e potenciar a igualdade de oportunidades entre os profesionais do sector a nivel europeo.

O período de execución desta iniciativa comprende dende o pasado mes de novembro de 2011 ata marzo de 2014.

Documentación adicional
Tríptico 2FISH (ES-EN)