gacs

Accións divulgativas ante a creación de Grupos de Acción Costeira (GAC) na comunidade autónoma de Galicia (2008)

Co obxectivo de establecer accións de sensibilización e dinamización participativa e en igualdade de oportunidades nun sector pesqueiro galego, a Fundación Lonxanet –a petición da Consellería do Mar da Xunta de Galicia- realizou distintas accións que promovían a participación dos axentes sociais e confrarías de pescadores de cada zona costeira. Todo isto co fin de favorecer a súa implicación na formación dos Grupos de Acción Costeira (GAC), identificando posibles obstáculos e evitando exclusións ou monopolios nas súas respectivas constitucións. Cabe recordar que a figura do GAC está enmarcada no eixo prioritario 4 do Programa Operativo de Pesca para o período 2007/2013. Este proxecto iniciouse en febreiro de 2008 e finalizou en novembro do mesmo ano.