Capacidades humanas e desenvolvemento sostible. Reforzando a participación cidadá nas provincias de Huaura, Barranca e Huara (Perú)

Esta iniciativa de cooperación internacional ten o propósito de reforzar, como o propio nome do proxecto indica, as capacidades dos axentes promotores do desenvolvemento e actores da sociedade civil involucrados nos procesos participativos para a loita contra a pobreza e a promoción do desenvolvemento humano sostible nas provincias peruanas de Huauara, Barranca e Huara.

Desenvolvido entre novembro de 2008 e xuño de 2009 co financiamento de Fundación ICO, o proxecto inclúe o deseño e aplicación de módulos de capacitación de aplicación provincial e interprovincial, tanto de axentes de desenvolvemento como de líderes da sociedade civil.