Illa de Arousa

No mundo hai máis de douscentos millóns de pescadores artesanais, de pequena escala, que dependen dos ecosistemas acuáticos para a súa supervivencia.

A pesca artesanal contribúe á alimentación de máis de 1.500 millóns de persoas no planeta, incorpora á muller ao traballo, xera emprego, arraiga poboación ao territorio, ten moi pouco impacto no ecosistema, ten baixas emisións de dióxido de carbono e redistribúe os recursos pesqueiros de xeito máis equitativo.

A pesca artesanal a pequena escala reduce a pobreza e contribúe á sostibilidade social, económica e ambiental en maior medida que os sistemas produtivos máis industrializados. Trátase dunha verdadeira economía verde, pero moi desatendida polos gobernos.

Una embarcación de Laxe simboliza el "secuestro" de las comunidades pesqueras | A.G.A.
O “secuestro” da pesca artesanal por parte dos estados | A.G.A.

Agora os ecosistemas mariños, fluviais, dos que dependen os pescadores artesanais, atópanse seriamente ameazados pola sobrexplotación dos recursos, sobre todo pola acción das flotas industriais, pola polución, etcétera. Unha situación agravada pola falta de atención e intereses dos estados, que está aumentando a vulnerabilidade dos pescadores artesanais, incrementando  a pobreza e a exclusión social e incentivando a despoboación das comunidades locais a través da emigración ás cidades.

A pesca artesanal, pese a ser sostible, está perdendo a batalla da conservación dos ecosistemas, dos dereitos de acceso aos recursos e dos dereitos humanos. Satisfácenos que o documento final da Conferencia de Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sostible (conocida como Cumbre de Rio+20) celebrada en xuño de 2012 recolla no seu parágrafo 175 o recoñecemento a este sistema produtivo sostible; nembargantes, preocúpanos a falta de compromiso firme da regulación na biodiversidade de alta mar. Dado que esto tamén afecta de xeito directo aos pescadores artesanais, lamentamos que o parágrafo 162 sexa tan débil.

Para a conservación e sostibilidade dos nosos mares, lagos e ríos é preciso transitar cara novos enfoques, sobre todo se realmente queremos evitar que a traxedia dos comúns non transite cara unha catástrofe ecolóxica, social e económica. Os modelos de xestión centralizados e auxiliados por un sistema de fiscalización e control das peixerías téñense amosado fracasados.

Temos a convicción, e esta é a nosa experiencia, de que estas leccións aprendidas forman parte da solución á sostibilidade do mar. Este novo enfoque propón a creación de áreas mariñas protexidas de interese pesqueiro coxestionadas, sendo o eixo central na creación de espazos de diálogo entre Estado e usuarios, é dicir, entre Estado e sociedade civil. Un novo enfoque onde ambos comparten a responsabilidade, do xeito máis paritario posible, de cara a unha xestión sostible dos recursos mariños.

Este sistema amósase exitoso, sobre todo, cando os usuarios participan no seu deseño. É por tanto participativo, empregando un enfoque bottom up; é transparente e integra o coñecemento tradicional e ecolóxico co coñecemento científico. De este xeito, o pescador e a sociedade civil deixan de ser un problema para o estado para convertirse nun aliado, e viceversa.

Esta nova gobernanza do mar é máis eficiente porque instala nos usuarios unha cultura da corresponsabilidade cara os recursos pesqueiros e é aplicable tamén a todos os bens públicos. Estas experiencias funcionan a pequena escala, pero poden ser ampliadas a novas dimensións unha vez extraídas as leccións aprendidas.

sostibilidade dos océanos e dos seus recursos pesqueiros pasa necesariamente por involucrar á sociedade civil nos espazos de toma de decisións, sobre todo cando os recursos que se xestionan son bens comúns. Trátase, en definitiva, dunha vía xa transitada que dá lugar á economía do ben común e non só a unha economía da desigualdade, por moi verde que a pintemos.