ecopez01

Ecopez

O Proxecto ECOPEZ: promoción da pesca sostible e o consumo responsable persegue a formación e sensibilización dos traballadores implicados en toda a cadea productiva e de comercialización dos productos pesqueiros que proveñen da pesca artesanal. Trátase dunha iniciativa que xorde co obxectivo  de aportar transparencia tanto na trazabilidade dos productos como sobre da procedencia dos mesmos, as artes de pesca empleadas, os principios do comercio xusto e a capacitación para informar correctamente ao consumidor. Todo esto fortalecendo a concienciación ambiental das persoas pola sostibilidade dos recursos pesqueiros a través de:

-Diagnóstico da comercialización da pesca artesanal
-Obradoiros de traballo
-Plataforma E-learning
-Xornadas de sensibilización
-Vídeos e folleto divulgativos
-Guía de pesca sostible

Cunha vixencia que abarca do 1 de novembro de 2011 ao 30 de novembro de 2012, e con Galicia e a Comunidade de Madrid como escenarios de actuación, o proxecto ECOPEZ: Promoción da pesca sostible e o consumo responsable é unha acción gratuita cofinanciada polo Fondo Social Europeo a través do Programa empleaverde da Fundación Biodiversidad.