minarzos01

Fortalecemento da reserva mariña de interés pesqueiro “Os Miñarzos”

Esta Área Mariña Protexida de Interese Pesqueiro Coxestionada (AMPdIPC) emprázase no  ámbito marítimo adxacente á comunidade pesqueira de Lira. A Fundación Lonxanet ten levado a cabo mediante metodoloxías propias (participación e coxestión) un proceso de deseño e creación dunha AMPdIPC coa Confraría de Lira e as confrarías veciñas. Coa aprobación da Xunta de Galicia en 2007 (decreto 87/2007, de 12 de abril) quedou constituída unha AMP cun Órgano de Xestión formado por pescadores e administración de xeito paritario, sendo un exemplo real de coxestión de referencia a nivel mundial. O proxecto foi levado a cabo mediante o emprego de fondos propios.

Xa en 2008, a Fundación puxo en marcha un proxecto de monitoreo social e biolóxico da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos”, iniciativa para a que contou coa colaboración de WWF ADENA.

A fundación segue acompañando a esta AMPdIPC, tanto aos pescadores integrantes como ó seu persoal técnico e de xestión. Entre outras cousas, mediante este proxecto trabállase na capacitación e formación dos técnicos xestores para a resolución de aspectos necesarios relacionados coa boa xestión e funcionamento da AMP, como son a vixilancia e o seguimento científico, e a promoción do traballo en rede entre as distintas AMP coxestionadas.

Enlaces externos (en castelán)

La REMIP de “Os Miñarzos”: Una iniciativa local en la sostenibilidad de la pesca artesanal por Antonio García Allut y Elena Vázquez Portela
What Stakeholders Think About Marine Protected Areas: Case Studies from Spain by Jentoff and Jose J. Pascual-Fernández
Environmental and Social Criteria for Allocating Access to Fisheries Resources by Chris Grieve (ver caso 5)