cedeira01

Fortalecemento da reserva mariña de interese pesqueiro “Ría de Cedeira”

Esta Área Mariña Protexida de Interese Pesqueiro Coxestionada (AMPdIPC) emprázase no ámbito marítimo adxacente á comunidade pesqueira de Cedeira. A propia Fundación Lonxanet deseñou en 2006 mediante metodoloxías participativas no proceso de creación de dita Área Mariña Protexida de Interese Pesqueiro Coxestionada usando a experiencia e o coñecemento adquiridos na creación de AMPdIPC “Os Miñarzos”. Para isto, contou co apoio non económico da Universidade da Coruña e da Confraría de Cedeira.

Unha vez estivo creada, fundación e sector pesqueiro avogaron por ampliar a reserva a augas exteriores, onde xurdiría un novo proxecto de deseño e creación dunha AMPdIPC que incluiría augas interiores e exteriores, ata as doce millas (futura AMPdIPC Mar de Ortegal).

Na actualidade, a fundación segue acompañando a esta AMPdIPC, tanto aos pescadores integrantes como ao seu persoal técnico e de xestión. Trabállase no fortalecemento dos pescadores como representantes do Órgano de Xestión, na capacitación e formación dos técnicos xestores, a resolver aspectos necesarios para a boa xestión e funcionamento da AMP como a vixilancia e o seguimento científico e a promover o traballo en rede entre as distintas AMP coxestionadas.