minarzos02

Fortalecemento do Órgano de Xestión da reserva mariña “Os Miñarzos”

Fundación Lonxanet ocúpase, ademais, da capacitación dos pescadores que participan en órganos de xestión no exercicio das súas funcións. Deste xeito, os profesionais adquiren habilidades de negociación para os coñecidos como líderes –xestores- de organizacións pesqueiras. Cabe destacar que ditos órganos de xestión, dos que tamén forman parte representantes da administración pública, convertéronse no vehículo e forma de vida que fai posibles as metodoloxías participativas polas que aposta a fundación.

Dado que FLPS ten a misión de empoderar ás comunidades de pescadores artesanais a nivel global para así lograr que sexan axentes activos no seu propio desenvolvemento, a formación dos pescadores para integrar órganos de xestión fomenta precisamente a súa participación e inserción no contexto social, cultural e medioambiental no que se enmarcan. Así, apóiase á metodoloxía –participativa- propia da fundación, en aras de desenvolver respostas medioambientais que protexan os recursos do mar e garantan a sostibilidade da pesca.