Metodoloxía
O enfoque metodolóxico da Fundación Lonxanet é fiel aos seguintes PRINCIPIOS:
- Participación directa dos pescadores: traballa cos pescadores e non para eles.
- Interese colectivo: privilexia o traballo coas asociacións representantes dos pescadores, promovendo así o interese colectivo sobre o individual.
- Autonomía: actúa como impulsora, transmisora e facilitadora de procesos, promovendo unha evolución progresiva cara unha autonomía completa dos pescadores.
- Sostibilidade: traballa e promove a sostibilidade ambiental, económica e social.
- Colaboración: promove a colaboración aberta cara outros actores con obxectivos similares, a construción e fortalecemento de redes e a creación de alianzas con outras organizacións (públicas, non lucrativas, da comunidade científica, etc.) en pro da sostibilidade integral.
METODOLOXÍA de deseño e creación de Áreas Mariñas Protexidas de Interese Pesqueiro Coxestionadas (AMPdIPC):
- É inclusiva porque integra e promove a interacción cos pescadores.
- É aberta e dinámica ao moverse en transformarse en función do contexto.
- É modular porque os seus compoñentes poden ser postos en marcha parcial ou integralmente e en diferentes momentos, dependendo das prioridades da comunidade onde estase a actuar.
- É multidimensional porque a súa acción integra ao individuo, ao colectivo e á sociedade, ó mesmo tempo que actúa no ámbito social, ambiental, económico e de participación cidadá.
Exemplos de aplicación:
Pode descargar aquí o documento PDF (Nueva Gobernanza de los Ecosistemas Costeros. Una propuesta metodológica) co desenvolvemento da nosa metodoloxía (en castelán).