indicadores recortada

Obtención dos índices de sostibilidade da merluza no caladoiro Cantábrico Noroeste (zona Galicia)

O proxecto Obtención dos índices de sostibilidade da merluza no caladoiro Cantábrico Noroeste (zona Galicia): contribución a unha xestión máis sostible de dita peixería encádrase no ámbito costeiro e mariño, e máis concretamente na zona galega do chamado caladoiro Cantábrico-Noroeste, que comprende o mar territorial ao Norte de España e no que faenan pescadores da comunidade autónoma de Galicia.

Cun período de execución que comprende de marzo de 2013 a maio de 2014, trátase dunha iniciativa cun interese específico para a Secretaría Xeral de Pesca do MAGRAMA, co obxectivo concreto de mellorar a sostibilidade na xestión das peixerías de merluza do caladoiro Cantábrico Noroeste (zona Galicia). Os índices de sostibilidade resultantes poden constituir unha ferramenta útil, obxetiva e innovadora tanto para tipificar e medir como para diagnosticar ditas peixerías e os sistemas productivos asociados.

obxetivo de Fundación Lonxanet ao pór en marcha este proxecto é claro: mellorar a sostibilidade da flota pesqueira nas súas dimensións institucional, social, económica e ambiental. Para logralo, foron diseñadas diferentes fases. Así, nunha primeira etapa defínense e consensúanse os indicadores a medir para cada unha das dimensións da sostibilidade. A continuación constrúese o cuestionario co fin de obter a información significativa (fontes de primeira man) para a obtención dos índices. Unha vez identificadas as embarcacións e armadores que participan na peixería, pásase á segunda fase do proxecto.

A recollida de datos dos cuestionarios, a tabulación dos mesmos e a súa introdución nun programa de tratamento estadístico de datos protagonizan a segunda etapa. Unha vez obtida a base de datos, realizarase unha explotación detallada da mesma e, finalmente, a través dunha metodología bien contrastada, obteranse os índices de sostibilidade da peixería a estudo.

Este é un proxecto de Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Enlace á reportaxe sobre o proxecto na Revista Mar (en castelán).