mediterraneo01

Plataforma Mediterránea de Pescadores Artesanais

A Plataforma Mediterránea de Pescadores Artesanais (Medarneté unha rede integrada por pescadores artesanais do Mediterráneo, con membros en España, Francia, Italia e Grecia. A rede defende a pesca artesanal como un medio de vida, tanto presente como futuro, e aspira a converterse nun auténtico axente de cambio cara a sostibilidade no Mediterráneo. A súa misión concrétase no compromiso real coa sostibilidade, representación e participación nos procesos de toma de decisión, recoñecemento social do saber tradicional, comercialización xusta e comprometida co mar, así como a sensibilización e cooperación.

WWF Mediterranean Programme, xunto coa Fundación Lonxanet, traballa no acceso, coordinación e fortalecemento desta rede.