representatividad

Representatividade dos traballadores nos espazos de decisión

A ausencia de representación dos pescadores nos espazos nos que se decide a Política Pesqueira Común (PPC) constitúe un baleiro con nefastas consecuencias para a pesca artesanal. Dende a FLPS promovemos a presenza de pescadores artesanais nestes foros consultivos e de toma de decisión coa finalidade de que os plantexamentos, e a visión dos mesmos, sexa coñecida e tida en conta polos responsables públicos.

Ademais, dada a importancia social e económica da pesca artesanal, dita ausencia de representación vulnera o principio de igualdade de oportunidades fronte outras flotas máis industrializadas que sí teñen representación.

Fundación Lonxanet tamén promove a participación dos pescadores artesanais nos espazos das ONGs ambientalistas e de desenvolvemento centradas no tema mariño co propósito de que coñezan con maior profundidade o papel da pesca artesanal na sostibilidade socioeconómica e ambiental.