Galería de vídeos

O papel do pescadeiro
A confianza do cliente é algo que debe gañar o profesional da venda do peixe, e supón "o mellor aliado para o negocio". A información, a través do etiquetado e o diálogo, é un elemento fundamental na cadea de comercialización dos productos procedentes do mar; sobre todo cando se aboga pola pesca sostible e a seguridade alimentaria. O pescadeiro é un nexo entre o consumidor final e o mar, e na súa man está saber orientar ao cliente e, polo tanto, fomentar o consumo responsable. Ver

O papel do distribuidor
O distribuidor é o nexo entre o barco e o punto de venda e, polo tanto, na súa man está evitar a mestura de especies, tanto en función da súa procedencia como da súa calidade ou do tipo de captura. A veracidade da información que chega ao consumidor final depende, igualmente, de todos os axentes que integran o proceso de comercialización dos productos procedentes do mar, dende os propios pescadores ata os restauradores, pasando por suposto polos distribuidores, sexan maioristas ou minoristas. Ver

O papel do restaurador
Conscientes da importancia de contar cun proveedor serio, os restauradores están convencidos da necesidade de que cada eslabón da cadea "cumpla" co seu cometido para así poder garantizar ao consumidor final a calidade do producto que escolle ter no prato. Conservar a información ata o final, comunicar todo detalle aportando a importancia que se merece a trazabilidade, é tarea esencial para facer posible un consumo responsable que permita, á súa vez, a sostibilidade dos recursos mariños e do propio medio. Ver

Gardiáns da pesca
Dignificar a profesión do pescador artesanal en busca dun medio mariño sostible, para que as futuras xeracións das comunidades costeiras teñan máis e mellores posibilidades que as actuais, e poidan así facer xustiza á que os propios pescadores definen como unha cultura única no mundo. Este vídeo recolle a labor e o parecer das comunidades de pescadores artesanais pertencentes á rede internacional RECOPADES (Red de Comunidades Pesqueiras polo Desarrollo Sostible), que apostan polas boas prácticas ambientais, económicas e sociais como modelo distintivo do seu traballo. Ver

Carta do futuro. Obradoiros escolares 2008/2009
Os proxectos de desenvolvemento sostible en comunidades costeiras postos en marcha en países como Perú ou Bolivia serviron en 2009 á Fundación Lonxanet para concienciar a xoves estudantes sobre da importancia de modificar os seus hábitos de conduta e dirixilos cara unha forma de vida máis sostible e respectuosa co medio ambiente. Tralas charlas e obradoiros os alumnos elaboraron unha carta de compromiso á que deron lectura no Pleno municipal, para pedir aos adultos que avoguen por un consumo responsable dos recursos. Ver

Guardiáns de Lira. Concienciación a raíz do Prestige
A catástrofe do Prestige foi unha auténtica traxedia para o medio mariño e para quen a diario traballa co mesmo. Mais o suceso serviu tamén de estímulo para os pescadores artesanais, concienciados na necesidade de construír un futuro que aposte pola comercialización directa do produto. A través de obradoiros de pesca e turismo pesqueiro, as propias confrarías –neste caso a de Lira- dignifican e dan a coñecer a profesión do pescador, e avogan por unha utilización sostible dos recursos. Ver

Carta do futuro. Obradoiros escolares 2010/2011
Mediante accións de sensibilización sobre da importancia de respectar o medio ambiente para así lograr un mundo mellor, a Fundación Lonxanet impartiu durante a xeira escolar 2010/2011, diferentes obradoiros sobre pesca artesanal, relacións Norte-Sur, uso de enerxías e cooperación en centros educativos de Muros, Ponte do Porto, Carnota e Valdoviño. Os destinatarios destas dinámicas, todos eles estudantes de secundaria, descubriron da man dos propios pescadores e mariscadores a importancia de entender que o mar "é de todo o mundo"; compartiron as súas conclusións cos representantes dos seus respectivos concellos e lanzaron propostas de futuro. Ver

O desenvolvemento sostible e a cooperación internacional. Obradoiros escolares 2007/2008
Comunicar aos estudantes a importancia de protexer o medio ambiente, o patrimonio cultural, o desenvolvemento sostible e a cooperación internacional. É o obxectivo de obradoiros escolares coma este, que mediante un intercambio con iniciativas desenvolvidas en Perú busca inculcar aos máis pequenos o compromiso co futuro. Todo dende unha comparativa entre a realidade da xente, a cultura e o patrimonio do país andino e de Galicia. Ver

O pescado orixinal. Lonxanet Directo no mercado madrileño de San Miguel
Pesca sostible e comercio responsable. A iniciativa de Lonxanet Directo leva pescado fresco ata as peixarías do mercado de san Miguel, en Madrid. É a esencia dun proxecto que avoga pola dignificación da profesión pesqueira e dos produtos do mar. Ver