Campo de accion

Fundación Lonxanet centra o seu campo de actuación na pesca artesanal e nas poboacións dependentes desta actividade económica. Algunhas das razóns:

Pese a estes feitos, trátase dunha actividade económica en regresión e especialmente vulnerable ante a falta de atención e apoio por parte das políticas públicas de moitos países. Dita desatención xera abandono da actividade, pobreza, emigración, desarraigo e marxinación.

Lonxanet actúa sobre as condicións que debilitan a pesca artesanal co propósito de fortalecela e consolidala coma un sistema produtivo que contribúa á sostibilidade social, económica, ambiental e política das comunidades pesqueiras.