Unha mensaxe ante a reforma da Política Pesquera Común

Os membros da plataforma de pescadores artesanais do Mediterráneo (Medarnet) diríxense aos parlamentarios europeos ante a reforma da Política Pesqueira Común co obxectivo de demandar un financiamento que avogue pola recuperación dos recursos mariños, porque, tal e como recordan aos deputados europeos, “sen peixes non hai pesca”. Os que realmente entenden do tema, precisamente porque a diario están en contacto co medio mariño, suliñan a necesidade de incorporar novos elementos á normativa, como é a coxestión pesqueira, dando aos propios pescadores voz e voto á hora de abordar reformas nun ámbito que, irremediablemente, coñecen máis que ninguén. Ver

Testemuñas dende a Confraría de Lira

Os que mellor coñecen a realidade dun lugar son precisamente quen a diario móvense no mesmo, quen percorre cada un dos seus cantos para descubrir ata onde chegan os recursos. Eles son conscientes da necesidade de poñer certos límites que garantan o futuro, e definen a diario a importancia da creación e establecemento de reservas e áreas protexidas. Josefa Fernández e José Antonio Insua forman parte da Confraría de Pescadores de Lira e son plenamente conscientes de que “non se pode esquilmar o noso mar”. Eles, coma os seus compañeiros, apostan por artes de pesca selectiva, pouco daniñas co medio mariño e garantes da comercialización de pescado fresco. Aseguran que os furtivos non existirían de non ter a quen vender os produtos que capturan e están plenamente convencidos de que “o que ten que xestionar os recursos é o propio pescador”, precisamente por ser, sen dúbida algunha, o máximo coñecedor dos mesmos. Ver

Guardiáns da pesca

“Deixar aos nosos fillos máis peixes dos que nos deixaron os nosos pais”. Esa é a idea, facer dos recursos mariños unha realidade sostible, que permita a conservación dunha cultura única no mundo, que moitas persoas definen como “unha das mellores profesións que existen no mundo: a pesca sostible. Respectar os recursos, respectar as tallas, respectar, en definitiva, as normas. Unhas normas sobre das que os pescadores, os protagonistas deste tipo de arte, teñen moito que dicir. Porque son quen realmente coñecen o medio. Ver

Mariscadoras de Cedeira
Mans na area

A importancia dun permiso ou dunha licencia para aportar tranquilidade, e incluso grandes doses de realidade, a unha profesión como a de mariscadora. Neste vídeo, as mariscadoras de Cedeira contan como desfrutan día a día co seu traballo e revelan as dificultades de facerse cargo dunha vixiancia que, consideran, non debería corresponderlles. Recordan que o seu teito é o ceo e que das inclemencias do tempo depende, e moito, o devir do seu traballo. Pero a choiva e o frío do inverno non inflúen tanto nas capturas coma no respecto polas tallas mínimas, os cupos de recollida e incluso o furtivismo que, aínda que disminuiu, continúa moi presente. E elas, as mariscadoras, sábeno máis que ninguén. Ver

El arte del miño
A rede da diversidade

Fonte de empleo e respectuosa co medio. A pesca artesanal dá traballo a numerosas familias na costa galega sen pasar por alto a necesidade de colaborar na sostibilidade dos recursos marinos para non rematar, ademais cunha profesión que se herda, aínda hoxe, de pais a fillos. A arte do miño reflexa a importancia, e efectividade, dos sistemas de captura selectiva e a defensa das tallas mínimas. Unha opción de traballo digno, auténtico e que pensa no mañá. Ver

 

La pesca del pulpo
Trampa selectiva

A pesca e o porto como parte da cultura dun pobo costeiro, ou a lacra do furtivismo como a súa loita diaria, son realidades tan presentes na mente do pescador artesanal como a súa necesidade de ser parte na xestión do medio marino. Os pescadores votan en falta formar parte da toma de decisións relacionadas co sector, queren ser corresponsables do medio e, por tanto, tamén participar na xestión do mesmo. “Aínda que non se baixe mirar ao porto onde está ese home que cheira a carnada ou que leva tres días sen afeitar, eses somos nós. Somos pescadores que estamos todo o día en contacto co medio, e sabemos como está todo: sabemos como están os stocks, como están as especies… se o auga non se moveu, cara onde tira a corrente… Un pescador industrial, non”. Ver