lonxanetdirecto01

Lonxanet Directo

 

Lonxanet Directo é unha empresa de economía social adicada á comercialización directa de produtos da pesca artesanal, integrada por sete confrarías de pescadores (Cangas, Cariño, Cedeira, A Coruña, Lira, Muxía e Porto do Son), de modo que os beneficios retornan ás comunidades de pescadores en forma de proxectos. Nace en 2001 coa intención de corrixir os impactos negativos que xera a comercialización tradicional sobre os pescadores, os ecosistemas mariños e os consumidores.

Aínda que a entidade cesou a súa actividade comercial en agosto de 2011, continúa sendo fonte de inspiración para outras comunidades pesqueiras, como é o caso de Pesca en Línea (en Valvidia Chile), promovida por Fipasur, unha federación rexional de pescadores. Fundación Lonxanet particupou no deseño e creación de PESCAENLINEA.

Durante a súa vixencia comercial, Lonxanet Directo avogou por facer fronte a impactos e consecuencias da comercialización da pesca, como a formación dos prezos dos produtos en base a factores especulativos, a taxación por debaixo do valor real das capturas coa consecuente sobrexplotación dos recursos pesqueiros e a desinformación do consumidor coa consecuente falta de confianza.

Documentación adicional

Manual de responsabilidad social empresarial para la PYME (Cinco Días, en castelán)