recopades

RECOPADES

Creación dunha rede trasnacional de comunidades pesqueiras

Recopades xorde en 2004 ante a preocupación pola situación de vulnerabilidade dos recursos pesqueiros e das poboacións dependentes dos mesmos. As organizacións de pescadores fundadoras da rede son APALCO (Pescadores de la Laguna de Rocha, Uruguay), Confraría de Lira (A Coruña, España), Cofradía de la Restinga (El Hierro, España) e APAPM (Asociación Pescadores Artesanales de Puerto Madryn, Argentina).

Litografia de Nacho PortoObxectivos do programa

  • Mellorar a calidade de vida dos integrantes da rede de Comunidades Pesqueras por el Desarrollo Sostenible a través do fomento das pequenas economías y do desenvolvemento local que garantiría a súa sostibilidade alimentaria e económica.
  • Ser unha rede aberta de comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo que comparta obxectivos.
  • Desenvolver accións nos campos social, económico, cultural e biolóxico co fin de empregar racionalmente os recursos pesqueiros e lograr a dignificación da profesión de pescador artesanal.
  • Defender a pesca artesanal como a única actividade que permite empregar de xeito sostible os recursos renovables acuáticos, e redistribuír de forma máis equitativa os beneficios.
  • Comunicar, difundir e pór en común as iniciativas da Fundación Lonxanet co resto da sociedade civil e institucións, así como con aqueles sectores empresariais relacionados coa pesca artesanal que actúen incorporando principios de responsabilidade social nas súas prácticas.
  • Ser recoñecidos como xestores ambientais e participar nos espazos correspondentes de elaboración de políticas de xestión dos recursos acuáticos.

Sensibilización para a biodiversidade

A raíz da constitución de RECOPADES, dende 2008 e ata a actualidade a fundación apoia a creación de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro (RMIP) nas organizacións de pescadores como ferramenta para a xestión sostible de recursos e a sensibilización para a preservación da biodiversidade. Deste xeito, procúrase contribuír á mellora de vida dos membros destas reservas, e así servir de exemplo para outras comunidades pesqueiras de Europa, América Latina e o resto do mundo.

Os proxectos executados en 2008 e 2010, e que na actualidade implementaron a sistematización e transferencia da metodoloxía das áreas de interese pesqueiro, foron posibles grazas ó financiamento da Xunta de Galicia, da Fundación ICO e da Fundación Biodiversidad.

As actividades de comunicación formal e informal realizadas durante o proxecto, así como a participación en obradoiros, foros e congresos por parte de algúns integrantes de Recopades, teñen espertado o interese de diferentes organizacións de pescadores, que solicitaron participar ou integrarse na rede. Así, na actualidade, poden considerarse socios do programa as confrarías ASPECU (El Salvador); a Asociación de Pescadores del Chaco (Argentina), máis coñecida como ASOPECHA; e as confrarías de Muros, Espasante e O Barqueiro (Galicia, España), presentadas pola confraría de Lira e a propia Fundación Lonxanet.

Litografía realizada por Nacho Porto para RECOPADES