Testemuñas dende a Confraría de Lira

Os que mellor coñecen a realidade dun lugar son precisamente quen a diario móvense no mesmo, quen percorre cada un dos seus cantos para descubrir ata onde chegan os recursos. Eles son conscientes da necesidade de poñer certos límites que garantan o futuro, e definen a diario a importancia da creación e establecemento de reservas e áreas protexidas. Josefa Fernández e José Antonio Insua forman parte da Confraría de Pescadores de Lira e son plenamente conscientes de que “non se pode esquilmar o noso mar”. Eles, coma os seus compañeiros, apostan por artes de pesca selectiva, pouco daniñas co medio mariño e garantes da comercialización de pescado fresco. Aseguran que os furtivos non existirían de non ter a quen vender os produtos que capturan e están plenamente convencidos de que “o que ten que xestionar os recursos é o propio pescador”, precisamente por ser, sen dúbida algunha, o máximo coñecedor dos mesmos. Ver