Transparencia

Fundación Lonxanet financia os seus proxectos mediante subvencións públicas e a través de convenios de colaboración con entidades privadas e doacións de particulares. O ámbito de actuación é internacional, con especial atención en comunidades costeiras de Europa, Latinoamérica e África.

Principios do Código Ético

Coa vista posta en ser facilitadora do cambio cara unha sociedade más xusta, Fundación Lonxanet integra tanto ao sector pesqueiro como á administración pública e á sociedade nos seus principios e valores, ademais de traballar sobre piares indisociables como son o ambiental, o social, o económico e o de participación.

-Sostibilidade e visión a longo prazo. Crear as condicións oportunas para que a actitude do pescador pase de predador a coxestor dos recursos do mar e concienciar á cidadanía sobre da necesidade de adoptar comportamentos de corresponsabilidade que favorezan o desenvolvemento sostible.

-Empatía e participación activa. Promover a colaboración entre pescadores, e a súa incorporación na vida social e nas dinámicas de desenvolvemento, e instar á administración pública a que facilite a posta en marcha de procesos e sistemas participativos de desenvolvemento.

-Inclusión do papel do pescador na comunidade local. Fomentar a participación dos traballadores do mar nos procesos de toma de decisións relacionados coa protección dos ecosistemas onde actúan.

Política de transparencia e rendición de contas

Un dos distintivos de Fundación Lonxanet é o uso de metodoloxías participativas en todos os proxectos nos que nos implicamos. A participación e a transparencia son dous dos piares metodolóxicos que facilitan a implicación dos actores sociais nas diferentes iniciativas. Nesta liña, queremos destacar a coherencia entre os nosos fins fundacionais e a aplicación de todo recurso en cada unha das nosas iniciativas, dando prioridade ao factor social e humano como motor de resultados e garante de consolidación do cambio social.

Os proxectos recollen ata un 10% de gastos estruturais, coa firme intención de non superar dita porcentaxe. Ademais, a fundación realiza auditorías financeiras voluntarias dende 2008, remitindo as súas contas anuais ao Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia. Co fin de render contas ante os nosos grupos de interese, todos os informes de auditoría están dispoñibles ao público na nosa páxina web, do mesmo xeito que a memoria económica e de proxectos.

Indicadores de éxito

A implementación eficiente da estratexia de Fundación Lonxanet está supeditada á integración, a nivel operativo, dos seguintes criterios:

-A adopción do principio de flexibilidade, co obxectivo de asegurar a continuidade y coherencia de acción sen perder axilidade no desenvolvemento de novas respostas que se adecúen a futuros ámbitos da entidade, e precisas para acelerar o cumprimento da súa misión.

-A creación dunha estrutura organizacional apropiada para a realidade da Fundación e dos proxectos que desenvolve.

-A consolidación dunha base financeira propia que conte tanto con inversores privados como con subvencións públicas, acorde cos principios da entidade e garante da súa independencia na toma de decisións.

-A transversalidade das accións, permitindo de este modo a creación de pontes entre os diferentes proxectos como medio para ampliar os efectos positivos dunha iniciativa cara outra e maximizar así os recursos da fundación.