institutos

Actividades de Sensibilización e Comunicación en centros de ensino galegos sobre da importancia da sostibilidade social e ambiental

Esta iniciativa nace polo interese da Fundación ICO de trasladar á comunidade escolar a importancia de defender a sostibilidade social e ambiental.

As dúas primeiras edicións das actividades de sensibilización e comunicación tiveron ao proxecto El Aspero, desenvolvido en Perú, como fío condutor. Na súa terceira edición, sen embargo, Recopades: Sensibilización para la biodiversidad foi o pano de fondo das dinámicas e obradoiros de sensibilización con escolares. Ao final de cada unha das edicións, os participantes redactaban una Carta do Futuro, chea de compromisos que trasladaban aos seus respectivos gobernos municipais para que tivesen en consideración as súas ideas nas diferentes localidades costeiras.

Facendo fincapé na importancia da protección do medio ambiente, o patrimonio cultural, a cooperación internacional e a influencia na comunidade local, a iniciativa implementada na xeira escolar 2007/2008, e renovada na seguinte xeira co apoio financieiro da Fundación ICO, estaba dirixida a alumnos que cursaban o primeiro ano de secundaria en centros públicos galegos emprazados en localidades costeiras.

O proxecto articulábase en tres obradoiros que abordaban temáticas interrelacionadas, como son: (1) Medio ambiente e pesca sostible, (2) Desenvolvemento comunitario, pobreza, desigualdade, Dereitos Humanos e (3) Aproveitamento dos recursos locais. Tralos obradoiros e dinámicas tanto relacionados con El Aspero como con Recopades, os resultados foron plasmados polos propios estudantes na denominada Carta de Compromiso, Carta da Terra ou Carta do Futuro, e presentados á comunidade e, en especial, a axentes sociais locais e autonómicos. Dos mesmos existen vídeos que poden ollarse na galería correspondente, nesta mesma páxina web.

So nas dúas primeiras edicións participou un total de 420 escolares. Cabe destacar que se deu prioridade ao traballo nos mesmos ámbitos xeográficos das AMP, empregándoas en cada un dos casos como exemplo de sostibilidade ambiental.